miércoles, 24 de noviembre de 2010

O EQUIPO DE ACTIVIDADES XA ESTAMOS A PENSAR NO NADAL...


XA VOLTAMOS DO TEATRO




Paio chega da escola e resulta que o Camiño de Santiago está en perigo. Ten que salvalo, pero antes deberá coñecer que é o Camiño de Santiago e como apareceu. Paio descobre a historia de cómo os amigos de do Apóstolo Santiago traen o seu corpo a Galicia, como é enterrado nun lugar secreto coa axuda da Raíña Lupa e como un día, moito tempo despois outro Paio seguindo un resplandor no bosque Libredón, descobre o enterramento de Santiago. A partir de aí comeza a aventura do Camiño de Santiago.
Pero Paio non esquece que a súa misión é salvar o Camiño e para iso embárcase nunha aventura. Pero Paio deberá cumprir catro condicións para chegar á súa meta. Despois de moito empeño, conseguirá o seu obxectivo e o Camiño non desaparecerá.
Esta é a historia da obra de teatro que o alumnado de terceiro e cuarto fomos ver ao Auditorio Municipal de Cangas. O seu título era “O fillo do trono”. A obra foi divertida, pero o mellor foi que ao final regalóronos un libro e unha película de curta duración co mesmo título.

domingo, 21 de noviembre de 2010

CHEGOU O DÍA DO TEATRO


O VINDEIRO MARTES 23 DE NOVEMBRO OS NENOS E NENAS DE 3º E 4º DE PRIMARIA ASISTIRÁN A OBRA TEATRAL DE SARABELA TEATRO: O FILLO DO TRONO.

viernes, 19 de noviembre de 2010



O pasado mércores, o alumnado de cuarto asistiu á representación dunha obra de teatro en inglés no Auditorio Caixanova (Vigo). Spinderella foi divertida porque mesturaba música, teatro e moita participación dos espectadores.
A obra contaba a historia de Cincerella, que obrigada pola súa irmá a facer todos os traballos da casa, non podía ir ao concurso de Karaoke. Gritámoslle a Beck, a irmá mala de Cindy, bailamos coas cancións e colaboramos para que esta historia tivese un bo fin.
Ah! E ademais aprendemos como se chaman en inglés os traballos domésticos, que si fregar, varrer, facer a comida.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

QUE RICAS AS CASTAÑAS


O martes celebramos no colexio Reibón O MAGOSTO, comimos moitas castañas asadas, xogamos e pintamos as nosas caras.

domingo, 7 de noviembre de 2010

PREPARADOS, LISTOS, XA


XA CHEGA O MAGOSTO, NON VOS ESQUEZADES DE TRAER AS CASTAÑAS

sábado, 6 de noviembre de 2010

FELICITACIÓNS A TÓDOLOS MONITORES E MONITORAS DA GYMKAUGA!!!!

MOITAS FELICITACIÓNS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN NESTA ACTIVIDADE.

CADA UN NA SÚA PROBA, A SÚA MANEIRA E DEIXANDO SEN FOLGOS AS VOSAS GORXAS, CONSEGUÍCHEDES QUE TODO SAISE MOI BEN E O MÁIS IMPORTANTE, OS NEN@S DISFRUTARON E CONVIVIRON TODOS XUNTOS NUNHA SOLEADÍSIMA MAÑÁ.

A GYMKAUGA, INICIA O PROXECTO GLOBAL DE CENTRO DESTE ANO.


O tema para o proxecto anual é a AUGA, así o longo de todo o curso todos nos implicaremos en coñecer e descubrir todo sobre este tema, eso si, a auga doce, esta vez o mar non terá tanto protagonismo.

O pasado venres os nenos e nenas do cole xogaron a un gran xogo, eso si, invitados pola nosa amiga Rufina, que... non poido asistir por encontrarse na África.

Os xogos xiraban a redor da temática da auga, e temos que agradecer o día tan soleado que tivemos para realizalos.